Primavera 1995.

Dosier informativo sobre a SIDA.
Resumo elaborado coa colaboración de Alfredo Embid Fonfria, coordenador da Asociación de Medicinas Complementarias.

A cousa máis importante na ciencia é non deixar endexamais de cuestionar.

Albert Einstein...
Non estamos simplemente rivalizando para que a miña visión ou a túa prevaleza, supoño que dalgún xeito os dous estamos loitando pola verdade.
De Philebus, dos Diálogos de Platón.
A verdade é revolucionaria.
Jean Jaurès.
Sunday Times.
A auténtica vocación científica caracterízase pola busca do coñecemento sen condicionamentos nin dogmatismos previos. Galileo observou os corpos celestes e demostrou que a Terra xiraba arredor do Sol. Sen embargo, foi acusado de herexía e tivo que retractarse da súa tese. Mais, aínda así, a súa teoría triunfou anos máis tarde...

Ademais, a ciencia é unha vocación que, para funcionar ben, é difícil someter ás vicisitudes do mercado, e é necesario impulsala socialmente. Normalmente, para acadar un avance científico é preciso investir en varias liñas de investigación, das cales quizá só unha consiga un resultado positivo. Así, temos o exemplo do científico Alexander Flemming, quen descubriu o efecto antibiótico da penicilina por pura casualidade...

Se xa é difícil unha ciencia humanamente positiva sometida ó mercado, aínda o é máis coa presión de certos intereses mercantís, cando se acomodan ás patentes dos vellos inventos. Esta é a causa de que aínda non se apliquen as enerxías renovables ós vehículos de transporte urbano e rural, e continuemos dependendo dos motores de gas e petróleo, que tantas guerras xeran.

Nun mercado onde impera a corrupción e a irresponsabilidade, a ciencia ó servicio dunha humanidade máis ceibe resulta moito máis difícil aínda. Existen poderes que promoven moito a investigación para a alienación masiva e para o control da poboación (novos sistemas de alienación lúdica e televisións máis modernas), pero nada, en troques, en ferramentas que faciliten ás persoas ser máis ceibes.

Neste relato de acontecementos que presentamos a continuación, participaremos na aventura duns científicos críticos que queren pór en práctica a súa vocación dentro do ámbito da investigación médica e biolóxica.

Non só intentan reorganizar unha teoría científica imposta arbitrariamente, senón que tamén intentan defender a ecuanimidade, a responsabilidade e o rigor que ten que acompañar á súa profesión.

Veremos tamén como, mediante a súa laboura práctica, estes científicos tropezan coa dura realidade de certos poderes irresponsables, e como estes poderes premen en tódolos ámbitos (político, económico, informativo) para someter á humanidade á desinformación e ó terror que constitúen o medo á SIDA.


Prólogo: «Wellcome to death».

A antiga Burroghs-Wellcome foi creada en 1880 por dous farmacéuticos: Henry Wellcome e Silas Burroughs.

Contra o ano 1936, creouse a Wellcome Trust. A Wellcome e a Rockefeller comezaron a asociarse.

Durante os anos 30, os asuntos legais da Wellcome Trust foron levados pola firma Sullivan e Comwell, unha das máis influentes de Nova York e un dos alicerces da Rockefeller, como o demostra o feito de que os seus dous avogados, John Foster Dulles e Allen Dulles, acabaran como Secretario de Estado na guerra fría e director da CIA, respectivamente.

Dende os anos 50, solápanse os seus cadros técnicos. Máis adiante, o Trust Wellcome participa no complexo universitario londiniense fundado por Rockefeller. A súa influencia enténdese dentro da educación sanitaria inglesa.

Durante os anos 70, David Rockefeller crea a Comisión Trilateral, formada por industriais, académicos e políticos expertos en política internacional.

O núcleo da Trilateral está composto por directivos dun grupo de empresas multinacionais coa intención de manter a preeminencia do poder económico (plutocracia) en todo o mundo. Entre estas multinacionais ocupa un posto destacado a Wellcome Trust Corporation.

Ata 1986, Wellcome Trust controlaba o 100% da Wellcome Inc., productora de medicamentos. Venderon o 25% da súas accións e pasaron a chamarse Wellcome Foundation.

A partir deste momento, prodúcese un cambio de orientación nas institucións da Wellcome, pasando dun espírito máis ético e académico, a posicións máis duramente mercantilistas.

Despois de fracasar de cheo como tratamento contra o cancro, a Wellcome obtivo a autorización para que o AZT, rebautizado como Retrovir, fose posto no mercado para tratar enfermos afectados da SIDA.

O 24 de Xuño de 1988, Duncan Campbell, nun artigo titulado «The Amazing Aids scam», dentro da publicación «New Stateman and Society», afirmou que moitos resultados clínicos se esconden con resultados comerciais. Tamén afirma que o custe do AZT se multiplicou por cinco ou por dez. O custe mensual en AZT dun enfermo de SIDA actualmente é dunhas 100.000 pesetas.

En Xullo de 1992, a Wellcome Trust reduce a súa participación sobre a Wellcome Foundation ó 40%, obtendo unha ganancia de 2,3 billóns de liras esterlinas.

Finalmente, o 7 de marzal de 1995, a Wellcome Trust decidiu vender o seu 40% da Wellcome Foundation á farmacéutica británica Glaxo polo equivalente a 1,9 billóns de pesetas en libras esterlinas. Ó presidente da Wellcome Foundation, John Robb, pareceulle, «obviamente lamentable» e «particularmente frustrante» a actitude da Wellcome Trust de desfacerse rapidamente da súa empresa e evitar así unha lucrativa escalada á alza de ofertas de compra.

Funcionarios á caza de virus: os NIH, os CDC e o EIS.

Nos Estados Unidos, a investigación científica oficial está controlada polo Instituto Nacional da Saúde, o NIH, e o Servicio de Saúde Pública, mediante os Centros de Control da Enfermidade, o CDC. As dúas institucións están sendo rexidas por virólogos.

O NIH fundouse no 1887 baixo a forma de Laboratorio Médico, e organicamente depende da Mariña dos Estados Unidos. Durante os anos 30 créase a primeira división especializada do NIH: o Instituto Nacional do Cancro.

O ano 1955, James Shannon asume a dirección dos NIH. Dende 1956, o orzamento dos NIH increméntase considerablemente dentro da súa loita contra a poliomielite, formándose entón os virólogos contra a polio.

Arredor do ano 1960, os virólogos contra a polio tamén asumen a loita contra o cancro, formándose xente como Howard Temim e Robert Gallo.

Dende o ano 1962, os NIH iniciaron a busca da orixe vírica do cancro, con presupostos enormes e sen resultados prácticos.

Adecuando a realidade da enfermidade ós intereses da súa liña de investigación, inventaron a noción dos virus lentos. Uns virus que, en teoría, matan ás persoas tempo despois de ter desaparecido do corpo. Con esta liña de investigación, Carlton Guidachek recibiu o Premio Nobel no ano 1976.

Aceptada esta liña de investigación, os NIH puideron investigar sobre calquera enfermidade, adaptándoa sempre a a hipótese vírica. Actualmente, os NIH están gastando uns dez mil millóns de dólares ó ano.

O outro pilar da administración sanitaria dos Estados Unidos son os Centros de Control da Enfermidade, ou CDC. Ó principio, non tiñan investigadores, senón activistas públicos pagados para deter as enfermidades contaxiosas.

Estes CDC comezaron nos anos 40, controlando a malaria durante a Segunda Guerra Mundial, como Centro de Enfermidades Transmisibeis, e iniciaron tres programas destinados a facer crer á poboación a orixe infecciosa e contaxiosa das enfermidades. Nun de estes programas, creouse, cara ó ano 1950, o Servicio de Intelixencia para Epidemias, o EIS, destinado a recrutar os recentes graduados en medicina e bioloxía.

Participaron activamente na chamada gripe asiática de 1957. Nos anos 60, facendo crer á xente a orixe infecciosa da leucemia. No 1976, na epidemia de gripe porcina e na enfermidade do lexionario, sempre segundo a hipótese vírica.

Actualmente, o EIS ten chegado a ser unha organización estatal completamente secreta. A rede do EIS estaba fortemente implicada na identificación dos primeiros cinco casos de SIDA, impulsando sempre a enfermidade cara á hipótese vírica.

Existe outro programa do CDC, chamado «programa de asociacións», consistente en subvencionar asociacións para «educar» á poboación na liña vírica, entre estas están asociacións sanitarias e de hemofílicos. Despois de 1984, tamén subvencionou a grupos de activistas pro dereitos dos homosexuais e contra a SIDA.

SIDA, un debate científico censurado.

No ano 1981 Ronald Wilson Reagan gaña as eleccións presidenciais nos Estados Unidos. Dentro do «lobby» que financiou a súa campaña electoral estaba a Wellcome Trust Corporation.

Ese mesmo ano, Michael Gottlieb identificou a existencia de cinco persoas enfermas (sen conexión entre elas) caracterizadas por un sistema inmunitario debilitado. A esta enfermidade déuselle o nome xenérico de SIDA, Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida.

O 23 de abril do ano 1984, coa presentación da entón Secretaria de Estado de Sanidade e Seguridade Social dos Estados Unidos, Margaret Heckler, o Dr. Robert Gallo anunciou en rolda de prensa que descubrira o retrovirus productor da SIDA, que chamou HTLV-III.

O mesmo día, rexistrábase unha patente americana dunha equipa do test do HTLV-III desenvolvido polo mesmo Gallo.

Esta declaración foi efectuada sen o habitual exame e debate que debía de ter proporcionado este anuncio público. Pese a todo, foi recibida como un feito pola comunidade científica mundial.

Sen estudios adicionais, púxose en marcha un amplo programa de investigación, sempre dentro da liña da hipótese do HTLV-III.

Margaret Heckler e Robert Gallo.Margaret Heckler e Robert Gallo.

O roubo do diamante falso.

A continuación do anuncio do Dr. Gallo, o goberno do Estado francés demandou ó goberno dos Estados Unidos, reclamando o dereito da patente e o mérito do descubrimento do retrovirus, o cal rebautizouse como VIH («Virus da Inmunodeficiencia Humana»).

Rapidamente, o Presidente dos Estados Unidos, Ronald Reagan e o primeiro ministro francés Jacques Chirac chegaron a un acordo: os dous estados compartirían os beneficios do test do chamado VIH, e Gallo e Montagnier serían considerados «co-descubridores» do retrovirus.

Máis tarde publicáronse as fotografías do retrovirus. Resultaba que eran idénticas ás das mostras dun virus, chamado LAV, que tempo antes lle pasou o Dr. Luc Montagnier, xefe da equipa de investigación do Instituto Pasteur.

Tamén antes, nunha segunda ocasión, en outubro de 1993, o Dr. Montagnier pasoulle outro conxunto de mostras, cun contrato onde constaba que o laboratorio americano non podía utilizalas con fins lucrativos.

Segundo o Dr. Sonnabend, creador do «AIDS Medical Foundation», a coincidencia das fotografías non era posible se non tiveran sido tomadas do mesmo doente.

A principios de 1989 o periodista de investigación John Crewdsen informou no «Chicago Tribune» como supostamente Gallo tomou o virus enviado por o Dr. Montagnier ó seu laboratorio, explicando así como os dous descubriron o mesmo virus.

O 1 de marzal do mesmo ano, o New York Tribune informou dunha investigación interna do Instituto Nacional de Saúde dos Estados Unidos.

Nesta investigación chegábase á conclusión de que un artigo de Gallo publicado no ano 1984 na revista Science, onde argumentaba que, segundo el, o chamado VIH causaba a SIDA, contiña contradiccións froito de «terxiversacións ou falsificacións».

O goberno do Estado francés reclamou o recoñecemento absoluto do descubrimento do denominado VIH. A demanda ós Estados Unidos foi dun valor aproximado duns 20 millóns de dólares. Este diñeiro era o recibido polos beneficios das equipas de proba do denominado VIH. Tamén reclamaron varios millóns de dólares recibidos directamente por Gallo.

Por último, o goberno dos Estados Unidos recoñeceu o roubo do virus. O Instituto Pasteur incrementou, pois, nun 10% os seus dereitos de patente do test do denominado VIH.

Un científico disidente: Peter Duesberg.

En 1987, Peter Duesberg, biólogo molecular, membro da Academia Nacional de Ciencias (de Estados Unidos) e xa entón un dos principais especialistas en retrovirus do mundo, comezou a escribir artigos do chamado VIH na revista «Cáncer Research».

Neste artigo, Duesberg facíase unhas cantas preguntas: ¿Como o chamado VIH podía matar billóns de células se só era capaz de matar unhas cantas? ¿Por que hai enfermos de SIDA sen ningún rastro deste VIH? E cando este VIH era inxectado a animais, ¿por que estes non desenvolvían a SIDA?.

Despois de nove meses escribindo á revista «Cáncer Research» e de ler tódolos artigos escritos anteriormente, chegou á conclusión de que, lonxe de ser mortal, este retrovirus era inocuo.

Pese a afirmar isto, Duesberg insistiu prudentemente en que non se debía renunciar ás prácticas de sexo seguro.

O biólogo Peter Duesberg.O biólogo Peter Duesberg.

Primeiramente veu o silencio dos seus colegas. Despois, a supresión dos seus fondos de investigación. Durante outubro de 1990 anuncióuselle de que a subvención anual de 350.000 dólares que recibía do goberno de Estados Unidos sería recortada a finais de 1992.

No comité de revisión que lle negou a subvención estaban a Dra. Flossie Wong Staal (amante de Gallo durante longo tempo e mais dun dos seus dous fillos) e o Dr. Dani Bolognesi, posuidor doutra patente a longo tempo dos anticorpos do denominado VIH.

Duesberg apelou infructuosamente malia ó apoio inicial dalgúns membros do goberno e dalgúns congresistas, como Ron Dellums e William Dannemeyer.

Claro que, deica ese momento, o debate sobre a orixe da SIDA estaba completamente tapado. Científicos «prestixiados», con elevados soldos e cargos, afirmaban continuamente polos medios de comunicación que o chamado VIH era a única causa do SIDA.

VIH-SIDA: Unha hipótese imposible.

Segundo a hipótese que afirma que o chamado VIH causa a SIDA, cando unha persoa ten o VIH, este infecta e mata os leucocitos (glóbulos brancos) con suficiente insistencia como para que a persoa infectada acabe sendo víctima das chamadas «enfermidades oportunistas».

Ante a experiencia de persoas con anticorpos do VIH que durante anos non desenvolvían ningunha das síntomas da SIDA, algúns virólogos fan complicados esforzos de reinterpretación para adecuar a realidade ás súas teorías.

Esquema básico do retrovirus chamado VIH.Esquema básico do retrovirus chamado VIH.

Responden que o virus está agachado, que realiza mutacións, que procede dunha forma misteriosa.

Está claro que estas mesmas persoas non cuestionan endexamais a hipótese vírica: son os numerosos virólogos do NIH, do EIS, os principais beneficiarios das patentes dos tests, das viaxes organizadas, das subvencións públicas e privadas...

Segundo Duesberg, o virus infecta e mata arredor dunha célula entre 10.000, e o corpo humano repón as células a un ritmo moito máis rápido.

Xa que logo, a causa ou as causas da SIDA téñense que atopar noutros motivos. E o retrovirus chamado VIH é un máis dos millares de retrovirus que, ás veces, se poden atopar nun enfermo de SIDA.

Desgraciadamente, e polo momento, non se ten realizado ningún estudio sistemático para descubrir que factores, ademais do chamado VIH, produce a SIDA.

Existen numerosas testemuñas de médicos con experiencia en enfermos de SIDA, e testemuñas de persoas representantes de grupos de soporte que apoian a estes enfermos.

Estas testemuñas afirman que as persoas que enferman de SIDA, como hemofílicos e receptores de transfusións, apoian que hai numerosos factores que provocan diminución das defensas, teñan ou non o denominado VIH.

Moitas persoas con SIDA padecen con anterioridade enfermidades de transmisión sexual, unido ó abuso de antibióticos ou tamén de drogas e fármacos inmunodepresores.

O terror que vén do Terceiro Mundo.

Durante o ano 1989, Phillipe e Evelyne Kryen, responsables dunha organización médica de axuda con 230 empregados en Kagera, Tanzania, informaron por primeira vez da SIDA en Africa.

Difundiron un informe, con ilustracións, debuxando un posible futuro moi pesimista no continente africano, debido á posible praga da SIDA.

Este informe foi moi difundido e ampliado na prensa de Estados Unidos.

Por exemplo, en marzo de 1992, o «Washington Post» escribiu que o continente africano estaba soportando «unha saúde pública desastrosa de enormes consecuencias», e que Kagera era: «unha das áreas máis duramente afectadas do mundo».

O diario puxo na boca de Phillipe Kryen que: «sería mellor que tiveran un terremoto» que a praga do SIDA, porque afectaba ó grupo máis productivo, xustamente ós máis activos sexualmente.

O 3 de outubro de 1993, o «Sunday Times» publicou un longo artigo do seu periodista científico Neville Hodgkinson.

Neste artigo, e cando xa levaba un total de catro anos de experiencia con doentes africanos, Phillipe Kryen declarou que: «Non hai SIDA. É algo que foi inventado. Non hai bases epidemiolóxicas para isto. Non existe para nós».

Pese a todo, o «Washington Post» non se fixo eco do cambio de opinión. Só «The Guardian» e, en parte, o «Sunday Times» londiniense, este último mediante un ensaio de Simon Jeckins, abriron o debate.

O principal argumento da nomenclatura científica británica contra Hodgkinson foi un estudio non publicado, feito polo Medical Research Council, e difundido nunha conferencia de prensa en Xuño de 1993.

Neste estudio afirmábase que os campesiños de Uganda que daban positivo do chamado VIH tiñan máis mortaldade que os outros. Pero, de 64 mortos utilizados polo Medical Research Council para a proba, só 5 foron diagnosticados como causados pola SIDA.

Casa do mono verde.
Cartel: CASA DO MONO VERDE
-Outra vez veñen os do CDC con equipas de proba do VIH-.
-Estes humanos idiotas son capaces de calquera cousa polo diñeiro das bolsas de investigación-.

Nesta conferencia de prensa, á pregunta do mesmo Neville Hodgkinson de se estes campesiños tiñan morto de SIDA, a resposta foi algo así como «non exactamente».

Na conferencia internacional da SIDA celebrada en Yokohama en agosto de 1994, na cal fixeron eco dos seus productos boa parte da industria farmacéutica da SIDA, incrementouse o número de enfermidades ás que se había que asociar como causadas pola SIDA.

Debido a este cambio de estimacións, a cifra de posibles afectados pola SIDA en Asia, segundo os seus cálculos, habíanse de incrementar considerablemente.

En decembro de 1994, noutra conferencia internacional da SIDA en Marrocos, coa asistencia de científicos e representantes de gobernos, os oficiais da Organización Mundial da Saúde dixeron que, en Africa, as infeccións polo chamado VIH chegaban a máis de 1.500.000 de persoas en 1993, e a 10.000.000 en 1994.

Propaganda da SIDA en Tanzania.Propaganda da SIDA en Tanzania.

Harvey Bialy, Doutor en Bioloxía Molecular e director da revista «Biotechnology» afirmou, -despois de visitar Nixeria, Camerún e Gabón-, que non hai SIDA contaxioso en Africa. Denuncia que epidemiólogos pouco rigorosos queren presentar como SIDA as típicas enfermidades de desnutrición.

A disidencia organízase.

O ano 1990 na Conferencia Internacional da SIDA de San Francisco, o Dr. Luc Montagnier deu marcha atrás e anunciou que o chamado VIH non podía provocar a SIDA sen un cofactor, coma por exemplo, os microplasmas, pequenas bacterias que se volveron agresivas a causa dos antibióticos.

Esta declaración supúxolle a resposta airada de boa parte da audiencia e dalgúns dos seus colegas norteamericanos, tendo que regresar rapidamente en avión ó seu país.

No ano 1993, arredor de 40 científicos, incluíndo expertos retrovirólogos, epidemiólogos e inmunólogos, uníronse para formar o Grupo para o Reformulación da Hipótese VIH-SIDA. O grupo constituíuse ante a negativa de tódalas revistas científicas requiridas a publicar a seguinte carta:

«O público en xeral cre que un retrovirus chamado VIH causa o grupo de enfermidades chamado SIDA. Moitos científicos bioquímicos poñen agora en dúbida esta hipótese. Propomos que un grupo independente adecuado dirixa unha reavaliación concienciuda da evidencia que existe a prol e en contra desta hipótese. Ademais propomos que se deseñen e se leven a cabo estudios epidemiolóxicos críticos».

Este grupo editou unha revista periódica, que empezou chamándose «Rethinking AIDS», actualmente «Reapprasing AIDS». Un tempo despois da creación do grupo, este xa ten agrupado a máis de 400 científicos críticos.

Recorte de prensa informando da postura de diferentes científicos sobre o papel do chamado VIH na SIDA.
Recorte de prensa informando da postura de diferentes científicos sobre o papel do chamado VIH na SIDA.

A conferencia de Sant Cugat del Vallés.

Xa en decembro de 1993, a «Asociación de Medicinas Complementarias» organizou unha conferencia en Sant Cugat del Vallés, coa participación de varios destes científicos, todos críticos coa teoría oficializada do VIH-SIDA.

Foron convidados, entre outros, o xa coñecido Dr. Peter Duesberg, o Dr. Harvey Bialy, Robert Laarhoven, coordenador da asociación para a investigación antiSIDA en Holanda e Joan Shenton, directora da empresa de vídeos médicos MEDITEL.

Xustamente esta última empresa (MEDITEL), tivo oportunidade de presentar a opinión dos científicos disidentes, sobre todo mediante programas no cuarto canal da televisión británica, os cales supuxeron un total de 5 horas de información.

Os organizadores do encontro enviaron un documento chamado «Reconsiderar a SIDA», reproducido pola revista «Cuerpomente» e algunhas máis, ademais de 600 medios de comunicación do Estado español.

En contraste, ningún dos medios de comunicación destacados na conferencia, nin ningunha televisión de Cataluña nin do Estado español informaron deste encontro. Tampouco informaron sobre ningunha das opinións dos disidentes ó longo de toda a súa traxectoria.

Tratamentos e superviventes.

A meirande parte das persoas afectadas de SIDA que sobreviven á enfermidade, fixérono con grandes doses de vontade e sentido crítico, asumindo uns hábitos responsables de vida.

En Londres, os superviventes editan a revista «Continuum». En Holanda xa existe a Fundación para a Investigación Alternativa do SIDA (SAAO).

Independentemente da súa orixe, a inmunodeficiencia pode ser tratada por múltiples métodos ecoloxicamente producidos e moi económicos. Hai investigadores e terapeutas que utilizan solucións á inmunodeficiencia aproveitando as propiedades curativas das plantas.

A medicina china, por exemplo, ceibe da presión das empresas farmacéuticas occidentais, continuou estudiando e aplicando as súas plantas inmunoestimulantes, seguindo unha tradición que se remonta a 22.000 anos.

Mentres tanto, no Mediterráneo, moitas plantas están en perigo de extinción sen nin tan sequera ter sido estudiadas as súas propiedades medicinais. Fai gracia que algunhas persoas estiveran entusiasmadas coa idea de que Barcelona fora a Axencia Europea do Medicamento...

Os tratamentos tóxicos da SIDA.

O 1° de abril de 1994 deuse a coñecer ó gran público os primeiros resultados do estudio franco-británico Concorde.

Este estudio comparou os resultados do AZT en 1.800 persoas, presuntas portadoras do denominado VIH e sen síntomas de SIDA, a metade das cales recibían esta sustancia.

Nestas conclusións dicíase que a aparición dos síntomas da SIDA non se vía retardada de ningún xeito con o AZT, producíndose máis mortes que nas persoas que non o tomaban.

Tamén interveñen outros efectos: a propia inmunodeficiencia, os tumores inducidos, a anemia, as transfusións recibidas, -as que provocan un descenso das defensas-, e a diminución da calidade de vida.

Os tests oficiais foron moi criticados. Proba de 19 tests Western Blott de diferentes laboratorios coa mesma mostra de sangue.
Os tests oficiais foron moi criticados. Proba de 19 tests Western Blott de diferentes laboratorios coa mesma mostra de sangue.

Como reacción a isto, en Os Anxeles constituíuse a asociación Project A.I.D.S, que emprendeu un proceso xudicial contra os responsables da aprobación do AZT como medicamento nos Estados Unidos. En Londres creouse o SCAM, comité destinado a investigar e publicar os efectos da Wellcome Foundation e do AZT. O avogado inglés Graham Ross está planificando un grupo de acción xurídica interestatal contra a Wellcome Foundation, que inclúe ó Estado español.

Do 14 ó 17 de abril de 1994, a Wellcome Foundation invitou a 20 representantes dos medios de comunicación do Estado español en Londres, no Hotel Grafton, de 5 estrelas, cun gasto aproximado de 14 millóns de pesetas.

¿O motivo? Fixémonos no que pasou uns días despois...

Kary Mullis e a manipulación informativa en acción.

O Dr. Kary Mullis recibiu o Premio Nobel de Química 1993 por ter descuberto a técnica máis avanzada para estudiar virus: o RCP, iniciais de «Reacción da Poliomerasa en Cadea».

A RCP é unha ferramenta para amplificar calquera cousa por pequena que sexa, incluso o chamado VIH. Incluso unha molécula de ADN, se se dispón da equipa necesaria para analizala.

Cando a técnica do RCP se aplicou por primeira vez en 1989 para detectar o chamado VIH, algúns investigadores aseguraron que a afirmación de Duesberg na que o VIH era indetectable nos enfermos de SIDA caería por terra.

Os días 21, 22 e 23 de abril de 1994, celebrouse en Toledo a 28ª Reunión Internacional da Sociedade Europea de Investigación Clínica. Reunía a máis de 1.000 científicos e estaba patrocinada polas multinacionais farmacéuticas.

Na súa conferencia, Kary Mullis cambiou de tema, e afirmou que non cría que o chamado VIH fose a causa do SIDA. Moitos asistentes ficaron horrorizados e algúns outros optaron por marcharse da sala antes de que terminara a súa exposición.

Curiosamente, en ningún dos medios de comunicación escritos do Estado español onde apareceu a nova (ABC, El Mundo, El País, Ya...) a penas revelaron o contido das súas afirmacións.

Si, en troques, saíron títulos, páxinas enteiras e longos comentarios criticando ou ridiculizando as súas declaracións. Como máximo, 60 palabras da opinión de Mullis, pero presentadas como se fosen carecentes de todo fundamento.

Posteriormente, un enfermo de SIDA e un portador do mal chamado VIH, superviventes e disidentes da teoría oficial, fixeron unha entrevista a Kary Mullis.

Nesta entrevista, Kary Mullis uníase ás voces que afirman que o virus é inofensivo:

«O misterio deste maldito virus foi xerado polos dous billóns ó ano que se teñen gastado nel. Se se toma calquera outro virus, e se gastan dous billóns de dólares xa podes crear grandes misterios sobre el».

Resumo feito coa colaboración de Alfredo Embid Fonfria, Coordenador da Asociación de Medicinas Complementarias.

Referencias, contactos e bibliografía:

Información xeral:

Asociación de Medicinas Complementarias (A.M.C.).

Reapprasing AIDS: 4622 Santa Fe St. San Diego. Ca 92109. Tel.: 619-272-3884. Fax: 619-272-1621.

Foundation Alternative AIDS Research (SAAO), PO Box 1447, NL 1200 BK Hilversum, The Netherlands. Tel./Fax.: 035-243084.

Máis información sobre os intereses económicos da SIDA:

Bryan J. Ellison: «Inventing the AIDS Epidemic». Contacto: Brian J. Ellison. UC Berkeley, Stanley Hall, Berkeley, California. 94720. Tel.: 510-643-5455.

Slingshot Publications: «Dirty Medicine». Dirección de «Slingshot Publications»: Bm BOX 8314 London WC1N 3XX Inglaterra.

Graham Ross, J. Keith Park & Co., 161 Banks Road, West Birby, Wirral, Merseyside, Liverpool. L483HU, Inglaterra. Tel.: 011-44-051-227-2552.

Jon Rappoport. «AIDS INC. Scandal of the Century». Contacto: Jon Rappoport. 1715 North Fairfax avenue. Os Anxeles. California. 90046. Tel.: 213-874-3393.

O Pais, mércores, 8 de marzal de 1995. «Glaxo será o líder farmacéutico tras adquirir Wellcome».

Máis información sobre os tratamentos oficiais:

SCAM: BCM 7000, London WCIN 3XX. Inglaterra.

Máis información sobre o testimonio dos superviventes

Continuum Magazine.


free-news.org