Outono 1999.

O que non se deu a coñecer sobre a SIDA.

Un informe do organismo da SIDA das Naciónss Unidas (ONUSIDA) advirte do crecemento da SIDA no Terceiro Mundo. O informe critica o feito de que os (supostamente) beneficiosos «cócteles de fármacos» non se aplican alí debido ó seu custe, e iso prexudica ós correspondentes afectados.

Un pai nos Estados Unidos inxectou ó seu fillo «o virus do SIDA» para que este morrese e aquel puidese deixar de pagar á nai a pensión que lle pasaba. O fillo -do cal non se explica qué tratamento está recibindo- «desenvolveu a enfermidade» e está «en fase terminal». O xuíz condeou a cadea perpetua ó pai non sen advertirlle que non recibiría castigo de abondo ata que se «consumise nos infernos».

Este é o tipo de noticias que aparecen nos medios de comunicación cando se fala da SIDA. A inmensa maioría da poboación descoñece os contidos e argumentos que non sexan os que sustenta a liña oficial, e só recibe informacións que avalan o arrepío ó presunto virus VIH.

Sen embargo, o que non sabe a inmensa maioría da poboación é que existe unha corrente de máis de 800 científicos -entre eles dous Premios Nobel e tres membros da Academia Americana das Ciencias- que cuestionan os tres aspectos claves: a validez dos tests aplicados, a bondade dos tratamentos recibidos e incluso a existencia mesma do «retrovirus» VIH.

Os tests.

Os principais «tests do VIH» usados no Estado español son dous: o ELISA e o Western Blot. O ELISA é considerado menos fiable e é usado como «test de detección». En troques, o Western Blot é considerado totalmente fiable e é usado como «test de confirmación». No caso de que unha persoa dea positivo a dous tests ELISA, aplícaselle un test Western Blot. Se tamén dá positivo ó Western Blot, daquela diagnostícaselle, de vez, como «infectado polo VIH». Moitas persoas que deron positivo ó ELISA, dan negativo ó Western Blot, polo que oficialmente se considera que os ELISA dan moitos falso-positivos.

Resulta así importante saber que en Inglaterra e no País de Gales o test Western Blot está prohibido desde 1992 porque o Centro de Referencia de Londres considerou que é poco fiable, e úsase só o test ELISA. Sería lóxico, pois, supoñer que proporcionalmente habería moitos máis seropositivos en Inglaterra, por exemplo, que no Estado español. Pero non é así: calcúlase que hai uns 30.000 seropositivos ingleses fronte a 150.000 seropositivos españois (aínda que non se coñece a cifra exacta). A causa dese resultado é que se pode variar o limiar dos «test do VIH», por encima do cal dáselles como positivos, e por debaixo, como negativos. O número que resulte de persoas «seropositivas» depende, pois, de onde se decida situar dito nivel.

Para ilustrar este feito é bo lembrar que cando o doutor Robert Gallo ofreceu no1984 o seu primeiro test do VIH á industria do sangue para controlar as transfusións, resultou que o 30% dos doantes daba positivo, polo que foi rexeitado inmediatamente posto que unha porcentaxe así afundiría este gran negocio. O doutor Gallo decidiu entón subir o limiar de reacción do test ata que deu unha porcentaxe de «positivos» suficientemente pequeno, un 3%, como para que resultase aceptable para ditos empresarios. Ó parecer, posteriormente foise elevando ata dar en torno a un 0,3%.

A revista estadounidense Zenger's, de California, publicou en setembro de 1996 unha lista de 64 artigos aparecidos en diversas revistas científicas, onde se advirte que os chamados «test do VIH» reaccionan dando positivo ante máis de 70 enfermidades (como hemofilia, hepatite, tuberculose, gripe, malaria) ou situacións (como embarazo de varios fillos, sexo anal receptivo, recepcións de transfusións sanguíneas ou transplantes, ser vacinado de hepatite, gripe, tétanos,...) que non teñen nada que ver co VIH; son o que se chama «reaccións cruzadas».

É ilustrativo o caso dun bebé nacido na provincia de Málaga. No hospital onde naceu fixéronlle (ilegalmente) a «proba do VIH» e saiu positivo. Sen embargo, aplicáronlle os tests tanto ó pai como á nai e ambos deron negativos. Por sorte, un amigo que coñecía os enfoques críticos comentoulles que os criterios de interpretación cambian dun país a outro. Os pais decidiron facer a proba ó fillo no hospital inglés de Xibraltar, e alí deu negativo ó test. Ó voltar ó hospital onde se fixeran os primeiros test, dixéronlles ós pais que o test aplicado en Xibraltar ó bebé non era válido porque non fora realizado en territorio do Estado español. Por sorte, o neno medra san e fóra xa de perigo.

Os «tests do VIH» detectan, en teoría, uns anticorpos que reaccionan fronte a unhas determinadas proteínas da « envoltura do VIH». O que non sabe o gran público é como se estableceron esas supostas «proteínas do VIH», mais sabémolo con precisión desde a XII Conferencia Mundial de SIDA acaecida en Xenebra, do 28 xuño ó 3 de xullo de 1998. O doutor Gallo recoñeceu involuntariamente neste congreso que engadira hidrocortisona nos seus cultivos para, segundo el, estimular o crecemento celular. Isto xa o denunciara no seu momento un ex-colaborador seu, o doutor Popovic. Para comprender este feito, temos que saber que a hidrocortisona en realidade non estimula senón que retrae o crecemento celular, e provoca a aparición dunhas proteínas de estrés que son as mesmas que se dan en persoas estresadas. Isto explica por qué a maioría de persoas que dan positivo ós «tests do VIH» se atopan nunha situación dun tipo ou outro de estrés crónico: tóxico (drogas, metadona, «poppers», medicamentos de síntese química, proteínas estrañas que acompañan ó Factor VIII administrado ós hemofílicos), psicoemotivo, infeccioso (repetidas infeccións con enfermidades de transmisión sexual), nutritivo (malos hábitos de vida, mala alimentación, Tercer Mundo), etc.

Na actualidade, e en Occidente, aplícase un relativamente novo parámetro chamado «carga viral». Suponse oficialmente que o marcador indirecto «carga viral» indica o número de «virus VIH» por mililitro de sangue. Mais a cantidade dada pola «carga viral» obtense coa técnica PCR inventada polo doutor Kary Mullis, invención que lle fixo recibir o Premio Nobel de Química no1993. Pois ben, o propio doutor Mullis explica que a técnica PCR non serve para medir ningunha carga viral, e lamentou publicamente tela inventado, habida conta da súa mala utilización no caso da SIDA.

Para documentar este mal uso, dous membros da organización HEAL de Os Ánxeles mediron as súas «cargas virais». Resultou que Rodney Knoll, oficialmente «seronegativo», tiña unha «carga viral» considerablemente maior que Christine Maggiore, oficialmente «seropositiva».

Ademais, hai que ter presente que nun encontro da OMS celebrado en Bangi (África Central) no1985 estableceuse que nos países do Terceiro Mundo non era necesario, por falta de medios, dar positivo a ningún test para considerar a unha persoa «caso de SIDA» e, polo tanto, «infectada polo VIH». Soamente é necesario presentar dous de entre tres signos maiores e un de entre sete signos menores, polo demais comúns no continente africano, para ser diagnosticado como «enfermo de SIDA». Isto supón unha redefinición de «casos de SIDA» de enfermos con síntomas de enfermidades habituais en África, e explica o tan proclamado «terrible andazo de SIDA» alí.

Os tratamentos.

Na XI Conferencia Mundial de SIDA celebrada en Vancouver en xullo de 1996, estableceuse oficialmente administrar de contado e en grandes doses a terapia combinada de varios fármacos, os chamados «cócteles». Xeralmente consisten en tres medicamentos: dous da familia dos nucleósidos análogos (AZT-Retrovir, ddI-Videx, ddC-Hivid, 3TC-Epivir, D4T-Zerit...) e un da familia dos chamados «inhibidores da proteasa» (Indinavir-Crixivan, Saquinavir-Invirase, Ritonavir-Norvir...). O negocio dos tratamentos da SIDA estendíase do anterior monopolio da Glaxo-Wellcome, co AZT-Retrovir, ó posterior comercio compartido, segundo un acordo adoptado por doce empresas un mes antes de dita Conferencia.

Unha das moitas contradiccións que teñen os nucleósidos análogos aplicados no tratamento da SIDA é que precisamente son inmunosupresores. Recoñéceno os propios prospectos, tanto do fabricante Sigma do AZT, ó informar de que os «órganos diana son o sangue e a médula ósea», como o do AZT-Retrovir de Glaxo-Welcome, ó recoñecer que xera anemia e moitas outras escaseces graves. Isto explícase como consecuencia de que os nucleósidos análogos teñen como función impedir a división celular. En efecto, o AZT inventouse no1964 contra o cancro, aínda que nunca se chegou a aplicar en persoas porque os experimentos con animais mostraron que era demasiado tóxico, e polo tanto foi aparcado. Só múltiples maniobras interesadas fixeron que en 1987 fose proclamado, co nome comercial de Retrovir, como «primeiro tratamento oficial contra a SIDA» e comezase a ser administrado a centenares de miles de persoas.

En efecto, cando unha célula ten que dividirse, os dous filamentos do ADN dos seus cromosomas ábrense e vanse formando dous filamentos complementarios ó irse engadindo nucleósidos naturais do entorno interno da célula. Resultarán, pois, catro filamentos de ADN que, unidos de dous en dous, transmitirán a mesma información xenética ás dúas células fillas resultantes da división. Pero os nucleósidos análogos químicos, como o AZT-Retrovir, incrústanse na formación dos filamentos complementarias impedindo que se continúen formando, co que evitan a división. Por conseguinte, a célula nai morre. Isto é unha das explicacións de por qué os presentados como «enfermos de SIDA» que toman os nucleósidos análogos morren, esqueléticos, a medio prazo.

Os inhibidores das proteasas artificiais acaban impedindo o funcionamento celular e orgánico, polo que tamén son tóxicos. Para dixerir os alimentos e reciclar as proteínas do billón de células que morren diariamente en cada ser humano, en cada célula existe un delicado e complexísimo equilibrio entre as proteasas, que dividen as proteínas, os inhibidores de proteasas naturais, que desactivan provisionalmente a acción das proteasas, e os activadores de proteasas, que as volven poñer en marcha. Os inhibidores das proteasas artificiais son como soldaduras que impiden definitivamente o funcionamento das proteasas, e están deseñados de xeito que non poden ser eliminados (de aí que os médicos hospitalarios recomenden ós seus pacientes tomar moita auga: tentar eliminar os inhibidores artificiais por orina, e retrasar o aumento da súa concentración no corpo). Os efectos do seu consumo continuado, co correspondente aumento de concentración de inhibidores de proteasas químicos no corpo do paciente, tradúcense en problemas dixestivos, pedras renais, sangue na orina, fatiga, náuseas, diarrea, vómitos, dolores en articulacións, diabetes, acumulacións de graxa, flaccidez muscular, etc.

O doutor Anthony Fauci, declarou xa no «New York Times» do 22 de agosto de 1997 que os casos nos que os cócteles produciran recuperacións espectaculares, ó cabo dunha ducia de meses caían en picado porque, segundo el, «o VIH muta, vólvese resistente, rexorde con redobrada enerxía e acaba matando á persoa afectada». Pero para os especialistas oficiais é moi cómodo responsabilizar da muerte dos seus pacientes a tódalas capacidades posibles que atribúen a un «virus VIH», cuxa propia existencia está sendo cuestionada.

O suposto VIH.

Segundo o biólogo, virólogo e xenetista alemán Dr. Stefan Lanka, non se cumpriron as condicións científicas necesarias para demostrar que foi illado o «virus VIH». Isto vén cuestionar a súa mesma existencia.

O doutor Lanka é uno dos pocos virólogos no mundo que illou un novo virus. Trátase do Ectocarpus Siliculosus Virus (ESV), o primeiro atopado nunha alga mariña eucariota.

Para illar un virus hai que presentar catro fotografías: do virus infectando células, do virus só, das proteínas da súa envoltura, e do seu ácido nucleico. Logo hai que determinar qué aminoácidos compoñen as súas proteínas e qué letras xenéticas compoñen o seu ácido nucleico, e en qué orde están colocados, é dicir, hai que proceder a secuencialos.

Tamén hai que efectuar os experimentos de control; é dicir, hai que traballar en paralelo co mesmo tipo de células pero non infectadas. Ou sexa, hai que facer exactamente as mesmas operacións cos mesmos productos, nas mesmas concentracións, durante o mesmo tempo, á mesma temperatura, é dicir, exactamente en idénticas condicións técnicas. O resultado ha de ser non atopar nada que coincida coas fotos do virus.

Por último, a medida que se vai progresando na investigación, hanse de ir publicando as súas conclusións en revistas científicas adecuadas co gallo de que o feito poida ser reproducido noutros laboratorios e chegar ós mesmos resultados.

Para denunciar que ningún destes pasos se realizou no caso do VIH, a revista de superviventes da SIDA «Continuum» de Londres ofrece, dende dicembro de 1995, un premio de mil libras esterlinas para quen aporte as probas da súa existencia. Outras asociacións, a nivel internacional, sumáronse a esta iniciativa e, na actualidade, o premio ofrecido é xa superior ós catro millóns de pesetas sen que ata o momento ninguén puidese gañalo.

O papel dos medios de comunicación.

As noticias que sobre o tema da SIDA recibimos dos medios de comunicación maioritarios non reflicten a pluralidade de enfoques que existe na comunidade científica, xa que non recollen os datos e análises que cuestionan a versión oficial. Esta circunstancia pon en primeiro plano o papel dos medios de comunicación alternativos para liberar ó segmento máis crítico da poboación de confusións e manipulacións impulsadas por intereses comerciais e outros.

Brauli Tamarit Tamarit.
(Artigo publicado no segundo número da revista «Salud y Vida», da Asociación de Vencedores da SIDA. Publicado un resumo, en catalán, na revista «Illacrua». Textos baseados en informacións recollidas da página «web» de «FreeNews».

Asociacións críticas:

Asociación de Medicinas Complementarias (AMC).
Asociación de Vencedores da SIDA (AVS).
Continuum Magazine.
Plural 21.


free-news.org